Fai frío e non para de chover. É un deses días grises que tanto che gustan, só que hoxe non che gusta tanto. Hoxe non queres bailar baixo a chuvia, non gozas xogando nas pozas e consideras que a sensación do vento movendo os teus cabelos é máis ben desagradable.
Chegas cansa a casa, cansa de esa estraña sensación de melancolía, esa que facía tanto que non che visitaba. Deixas a mochila ao pé da cama cun golpe brusco e tíraste na cama dun chimpo. Das dúas ou tres voltas porque non sabes ben o que facer. Non estás de humor para facer nada, a túa cabeza non é quen de pensar con claridade nese momento.
Imaxes soltas, palabras vagas, ideas que o único que fan é axudar a medrar esa sensación de baleiro que o único que quere é apoderarse de ti.
Sabes o que tes que facer, é un deses días no que só se pode facer unha cousa. Érgueste de vagar e colles o teu CD preferido, ese que pode calmar ata a peor de todas as tormentas. Conectas os altavoces e desconectaste a ti. Desistes, pechas os ollos e pérdeste nesa preciosa melodía, nesas letras valedoras dos teus recordos máis preciados. Pechas os ollos coa seguridade de que cando os abras, todos os teus monstros estarán desparecidos.
Un día moi propio galego
ResponderEliminarSi, eses son os nosos dias, e certamente son os mellores, ninguen como nos para disfrutar da chuvia !! Precioso coma sempre :D
ResponderEliminarUn beso, me paso :)
http://believebreathedream.blogspot.com.es/
Pd: Keep Calm and Carry On ∞
Galicia, que se carecteriza polos días eses. Pero no fondo, non están mal. O inverno, co frío,encendelo lume e sentarse un cacho a ler no salón.. Co pixama quentiño..
ResponderEliminarGrazas por pasarte galega, un bico! :D
Tes toda a razón, cando chove o mellor e facer iso. Mais a min gústame escoitar o repenicar da choiva na ventá, cun nesquick quente na habitación ao tempo que escribo. Sempre que chove e poido fago iso. Outras veces teño que facer as cousas da universidade. Mais en Santiago de Compostela no inverno chove mito así que hai tempo para todo.
ResponderEliminarSígote eu tamén :)