Son as sete da tarde, pero cando saes á rúa decátaste de que semella noite. O vento peta forte na túa cara, desordenando tamén os teus cabelos. Camiñas polo parque e observas detidamente as follas laranxas que descansan no chan. É a túa cousa preferida do outono, ver as árbores núas e espidas, rodeadas de follas de mil colores. Esqueces por que saíras da casa e sentas no banco máis próximo para contemplar a fermosa paisaxe. Sénteste ben, contenta, despreocupada, pechas os ollos e escoitas o zoar do vento. Sorrís timidamente e érgueste para camiñar sobre aquel manto amarelo que tanto che gusta. Teñen cores diferentes e ademais tamén soan de distinta maneira. Aquelas follas naceran xuntas, e nalgún momento puideron parecer a mesma, pero a medida que pasara o tempo cada unha tomara un camiño distinto, unha forma distinta...



...cada folla, como cada persoa, era única e precisamente iso era o que che gustaba do outono.





6 comentarios:

  1. Unha entrada verdadeiramente preciosa, galega :) Encantoume!

    ResponderEliminar
  2. Preciosa cielo!
    Amo el otoño, siempre me recuerda a quien amo.
    Un beso! May R Ayamonte

    ResponderEliminar
  3. Gran comparación :) Sin duda e moi certa. O gif encantame ^^
    Sigue escribindo asi de fermoso !
    Un beso, me paso :)
    http://believebreathedream.blogspot.com.es/
    Pd: Keep Calm and Carry On ∞

    ResponderEliminar
  4. Hacia mil años que no me pasaba por aquí :( pero no ha cambiado nada XD siempre me ha encantado tu blog a pesar de que no entiendo mucho de gallego :S pero mis traducciones suelen ser buenas creo yo ajaja :)
    Sinceramente esta entrada me a gustado mucho, ni yo lo hubiera descrito mejor!
    Un besazo enorme desde:
    http://disfruta-del-amor.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas por pasarte, é precioso o texto e máis escrito en galego, un bico :)

    ResponderEliminar