Debía de ser a segunda vez que vía aquel texto, pero a miña memoria gardaba con exactitude aquelas palabras dende o primeiro día que as as lera. Non me podía enganar, botábao de menos, aínda que intentara evitalo para evitar tamén a dor. Os recordos persistían en ser recordados, estaban feitos para iso. No fondo non todo era tristeza, debía agradecerlle ao destino o poder gozar eses poucos anos con el. Penso que non merecía que mo arrebatasen de golpe, non fixera nada tan malo para tal castigo, pero todo pode ser peor, puiden non telo coñecido, o que sería unha perda aínda máis grande.


Non debemos aferrarnos  ao pasado, pero si debemos asumir que é unha parte de nós, do que somos e do que seremos. Non podemos desplazar todo o que implique tristeza ao caixón do esquecemento, senón que debemos enfrentarnos a eses momentos, miralo todo polo lado positivo e vencer os nosos pesares plantándolles un grande sorriso na nosa cara.


5 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Comparto esta entrada contigo, palabra por palabra. Gracias.

      Eliminar
    2. Muchas gracias a ti por leerme y por apoyarme siempre Jean =)

      Eliminar
  2. "Os recordos persistían en ser recordados, estaban feitos para iso" Moi fermoso

    ResponderEliminar