29.01.1995

Descansaba deitada baixo a luz tenue da noite, a luz despredida pola lúa , as estrelas e...  a pantalla do seu móbil que, persistente, non deixaba de recordalle a hora na que se atopaba: 

23:59

Quedaba menos, era cuestión de segundos, todos llo recordaban, pero que cambiaría? A caso sería distinta a partir das doce, esa marca tanxente que parecía dividir a vida dunha persoa en anacos ben diferenciados? 
Un ano? Xa?!
Non, dezaoito...
Non era quen de asumilo, o tempo pasara demasiado rápido, o día chegara sen avisar, sen chamar á porta e atopáraa desprevida en cama, co cabelo revolto e a camiseta grande de publicidade que usaba sempre para andar por casa.


00:00 

A resposta era non, nada cambiara, seguía sendo a mesma de sempre, cos seus cabelos despeiteados, a súa camiseta grande e as súas preocupacións absurdas. Gardou o teléfono debaixo da almofada en silencio, como todos os días. Unha vez mais, nada cambiara. Pechou os seus ollos e sorriu. Xa eran as doce e, aínda que ela non o soubera, todo estaba a cambiar...






Sorte. Existe ou é en realidade o nome que lle damos ao destino cando non podemos controlalo? Porque... é o destino controlable sempre? Somos nós, coas nosas accións os únicos responsables dos resultados que recibimos?
Cada día creo un rompecabezas novo coas pezas do que puido ser é non é, coas decisións que tirei ao lixo fai xa moito tempo (ou quizais non tanto)
 A cada segundo pregunto o porqué de ese segundo, a cada principio o porqué de ese principio sabendo que dun xeito ou doutro será tamén o porqué dalgún final.
Os momentos falan sen dar resposta algunha,  paseando ao meu carón coma se eu non existise, coma se fose transparente para eles e eles para min.
Algúns dos finais que nalgún tempo foron (ou serán) principio tiran algún que outro mapa pola miña cabeza, pero nunca e din e nunca  me indican (onde acabaría ou) onde acabarei (?).