Trevo



Nunca crin moito na sorte,
pero aquel martes 13 
atopalo a el foi como atopar 
un trevo de catro follas nunha 
selva de gatos negros e espellos rotos

Rompendo o cristal



Oxalá todo fose como montar en bicicleta.
Esta montaña rusa de curvas constantes 
E instantes ausentes
Xoga co compás da miña mente
Vomitando silencios incómodos
 en forma de palabras.
Oxalá escribir(che) fose como montar en bicicleta.
Aínda que sendo sincera
Eu sempre precisei de rodíns.