Fai frío e non para de chover. É un deses días grises que tanto che gustan, só que hoxe non che gusta tanto. Hoxe non queres bailar baixo a chuvia, non gozas xogando nas pozas e consideras que a sensación do vento movendo os teus cabelos é máis ben desagradable. 
Chegas cansa a casa, cansa de esa estraña sensación de melancolía, esa que facía tanto que non che visitaba. Deixas a mochila ao pé da cama cun golpe brusco e tíraste na cama dun chimpo. Das dúas ou tres voltas porque non sabes ben o que facer. Non estás de humor para facer nada, a túa cabeza non é quen de pensar con claridade nese momento. 
Imaxes soltas, palabras vagas, ideas que o único que fan é axudar a medrar esa sensación de baleiro que o único que quere é apoderarse de ti. 

Sabes o que tes que facer, é un deses días no que só se pode facer unha cousa. Érgueste de vagar e colles o teu CD preferido, ese que pode calmar ata a peor de todas as tormentas. Conectas os altavoces e desconectaste a ti. Desistes, pechas os ollos e pérdeste nesa preciosa melodía, nesas letras valedoras dos teus recordos máis preciados. Pechas os ollos coa seguridade de que cando os abras, todos os teus monstros estarán desparecidos.
    













4 comentarios:

  1. Si, eses son os nosos dias, e certamente son os mellores, ninguen como nos para disfrutar da chuvia !! Precioso coma sempre :D
    Un beso, me paso :)
    http://believebreathedream.blogspot.com.es/
    Pd: Keep Calm and Carry On ∞

    ResponderEliminar
  2. Galicia, que se carecteriza polos días eses. Pero no fondo, non están mal. O inverno, co frío,encendelo lume e sentarse un cacho a ler no salón.. Co pixama quentiño..
    Grazas por pasarte galega, un bico! :D

    ResponderEliminar
  3. Tes toda a razón, cando chove o mellor e facer iso. Mais a min gústame escoitar o repenicar da choiva na ventá, cun nesquick quente na habitación ao tempo que escribo. Sempre que chove e poido fago iso. Outras veces teño que facer as cousas da universidade. Mais en Santiago de Compostela no inverno chove mito así que hai tempo para todo.
    Sígote eu tamén :)

    ResponderEliminar