Queda.
En silencio.
Como un barco que navega á deriva.
Facía xa tempo que perdera o Norte, que navegaba desorientada nun mar de mares infinito, sen tempo nin espazo que me controlaran.
Non era capricho do azar nin castigo dun ser divino inexistente, eu mesma rompera o mapa con seguridade. Era preciso navegar a contracorrente para chegar ao meu destino e os ventos  non son piadosos coa xente que os desafía. Estaba cansa de feridas, de arranxar o barco cada dous minutos.
Agora simplemente me deixaría levar.
E aquí estou eu, con palabras inexistentes dende o día que decidiches deixar baleiro infinito que non son que de encher. Aquí estou, buscando o que non atopo, o que tanto quero ou que tanto creo querer. Xa non confío en nada, nada é seguro dende que o inverno chegou ao meu corpo cubríndoo de xeo e neve. Castelo inaccesible, princesa de cristal que escachará en mil anacos ante o simple son dunha verba que se repite unha e outra vez.

Como sempre, a resposta volve ser "non".
Soños, esas cousas que perseguimos sen importar o que coste. Por que? Porque son o que somos, o que nos define. As nosas ganas de seguir adiante, de seguir vivindo día a día con unha esperanza, con un propósito. Soños que poden ser lugares, persoas ou simplemente palabras. Soños sen sentido, imposibles, incoherentes... Soños que se deixan de lado, que se esquecen ou abandonan. Soños que sobreviven, que flotan entre recordos sumerxidos e desalentos de xentes alleas. Soños meus, soños teus... Soños con nome e apelidos, soños con propia identidade.




Soños que, algún día, conseguirán ser realidade.



 Serei, se me deixas, folla
do libro que aínda tes por abrir.
Serei os nomes, puntos, as comas,
as gañas que teñas de ir ou de vir.

Serei, se queres, bandeira
solemne e branca do teu país.
Serei a paz que ti buscas
e ás veces guerra, ás veces gris.

Serei mar das palabras perdidas
que ti sempre quixeches dicir.
Serei eu esta vez quen decida
e serei eu achegándome a ti.
Descansaba deitada baixo a luz tenue da noite, a luz despredida pola lúa , as estrelas e...  a pantalla do seu móbil que, persistente, non deixaba de recordalle a hora na que se atopaba: 

23:59

Quedaba menos, era cuestión de segundos, todos llo recordaban, pero que cambiaría? A caso sería distinta a partir das doce, esa marca tanxente que parecía dividir a vida dunha persoa en anacos ben diferenciados? 
Un ano? Xa?!
Non, dezaoito...
Non era quen de asumilo, o tempo pasara demasiado rápido, o día chegara sen avisar, sen chamar á porta e atopáraa desprevida en cama, co cabelo revolto e a camiseta grande de publicidade que usaba sempre para andar por casa.


00:00 

A resposta era non, nada cambiara, seguía sendo a mesma de sempre, cos seus cabelos despeiteados, a súa camiseta grande e as súas preocupacións absurdas. Gardou o teléfono debaixo da almofada en silencio, como todos os días. Unha vez mais, nada cambiara. Pechou os seus ollos e sorriu. Xa eran as doce e, aínda que ela non o soubera, todo estaba a cambiar...






Sorte. Existe ou é en realidade o nome que lle damos ao destino cando non podemos controlalo? Porque... é o destino controlable sempre? Somos nós, coas nosas accións os únicos responsables dos resultados que recibimos?
Cada día creo un rompecabezas novo coas pezas do que puido ser é non é, coas decisións que tirei ao lixo fai xa moito tempo (ou quizais non tanto)
 A cada segundo pregunto o porqué de ese segundo, a cada principio o porqué de ese principio sabendo que dun xeito ou doutro será tamén o porqué dalgún final.
Os momentos falan sen dar resposta algunha,  paseando ao meu carón coma se eu non existise, coma se fose transparente para eles e eles para min.
Algúns dos finais que nalgún tempo foron (ou serán) principio tiran algún que outro mapa pola miña cabeza, pero nunca e din e nunca  me indican (onde acabaría ou) onde acabarei (?).

Levaba anos en busca de ese sentimento tan estraño, ese que a xente prefire afastar o máis lonxe posible. Nun tempo, fora ela mesma a que o botara da súa cabeza (ou do seu corazón, nunca saberei con exactitude en que parte de nós nacen os sentimentos). 
Bérraralle ben alto que se fora, que marchase, que nunca volvese por alí e con mágoa, pero sen bágoas, despedírase del cun falso sorriso.

Despois de certo tempo de felicidade e ledicia, despois da ausencia de días grises, despois da ausencia de mágoas e bágoas tristes, a rapaza comezou a sentir unha nova sensación, un baleiro inexplicable, unha especie de morriña de algo que non alcanzaba lembrar. 
Percorreu vales e montañas, cruzou ríos e mares, subiu ata as nubes e baixou ata o inferno; afastouse de todos os que coñecía e á súa vez coñeceu xente nova. Cando xa pensaba que buscara en todos os lugares do universo, sentou nunha rocha e comezou a reflexionar, a reflexionar sobre ela mesma. Quen era? Que facía? Por que estaba alí?  Fora culpa do destino?  Exitía en verdade un destino ou a vida era cuestión de azar? E que era a vida? 
Despois de mil preguntas sen resposta, despois de sentirse confusa e conmocionada, atopou nela mesma o que estaba buscando: a soidade.
Esa soidade que tanto botaba en falta. Por primeira vez en moito tempo soubo o que era o baleiro realmente, a ausencia de todo o demais. Non entendía como a xente podía facer as súas vidas como se nada pasase, como se esas preguntas non existisen. O sorriso desapareceu da súa cara e, de súpeto, inundouna a melancolía.

Unha vez descuberta a verdade, a preocupación polo que facer semellóuselle máis grande que o propio infinito. Que sería mellor, deixar de ser ela mesma calando ás preguntas que nunca terían respota ou abandonar practicamente a posibilidade da felicidade e despreocupación...?

OUTRA PREGUNTA SEN RESPOSTA.