29.01.1995

Descansaba deitada baixo a luz tenue da noite, a luz despredida pola lúa , as estrelas e...  a pantalla do seu móbil que, persistente, non deixaba de recordalle a hora na que se atopaba: 

23:59

Quedaba menos, era cuestión de segundos, todos llo recordaban, pero que cambiaría? A caso sería distinta a partir das doce, esa marca tanxente que parecía dividir a vida dunha persoa en anacos ben diferenciados? 
Un ano? Xa?!
Non, dezaoito...
Non era quen de asumilo, o tempo pasara demasiado rápido, o día chegara sen avisar, sen chamar á porta e atopáraa desprevida en cama, co cabelo revolto e a camiseta grande de publicidade que usaba sempre para andar por casa.


00:00 

A resposta era non, nada cambiara, seguía sendo a mesma de sempre, cos seus cabelos despeiteados, a súa camiseta grande e as súas preocupacións absurdas. Gardou o teléfono debaixo da almofada en silencio, como todos os días. Unha vez mais, nada cambiara. Pechou os seus ollos e sorriu. Xa eran as doce e, aínda que ela non o soubera, todo estaba a cambiar...





No hay comentarios:

Publicar un comentario