
O meu antídoto? Todas esas palabras que estaban e non están, que fuxen de min día tras día, hora tras hora, amedrentadas pola fina punta da miña pluma desgastada.

E aquí estou eu, con palabras inexistentes dende o día que decidiches deixar baleiro infinito que non son que de encher. Aquí estou, buscando o que non atopo, o que tanto quero ou que tanto creo querer. Xa non confío en nada, nada é seguro dende que o inverno chegou ao meu corpo cubríndoo de xeo e neve. Castelo inaccesible, princesa de cristal que escachará en mil anacos ante o simple son dunha verba que se repite unha e outra vez.
Ola! Chámome Antía e gústame escribir poesía. Como na casa xa non me fan moito caso decidín subila a internet.