Outro día máis. Aquí, preguntándome onde estou e a onde quero ir. Rompendo o mapa cada vez que debo enfrontarme a unha páxina en branco, a unha decisión que tomei (ou non tomei) e que me mata, pouco a pouco, como unha enfermidade silenciosa, case indetectable.
O meu antídoto? Todas esas palabras que estaban e non están, que fuxen de min día tras día, hora tras hora, amedrentadas pola fina punta da miña pluma desgastada.

"Que facer agora" é a pregunta que máis se repite nos meus pensamentos dende a diagnose, pero ata enferma terminal mantería a esperanza. A esperanza de que quizais algún día volverei a ser o que fun, ou o que con todas as miñas forzas quixen chegar a ser.

1 comentario:

  1. Sei perfectamente como te sintes ata non fai moito eu pasaba polo mesmo pero debemos arriscarnos par aver que é o que nos depara e que sea o que teña que ser, e como decimos maloserá. Aínda que este comentario chegue un tanto tarde...jajaj

    ResponderEliminar