Debo de ter demasiadas preguntas,
moitas respostas pra ser atopadas,
e este constante tictac hipnotízame,
 el  non me deixa facer máis nada.

Quero atopar o camiño correcto,
Quero que vexan as miñas pegadas,
pero o constante tictac hipnotízame,
el  non me deixa facer máis nada.

Quero voar coa andoriña no ceo,
Quero cantar cos paxaros que cantan
pero o constante tictac hipnotízame
e el non me deixa facer máis nada.

Debo de ter demasiadas respostas,
Poucas preguntas pra ser contestadas,
Hei de romper co reloxo que berra
Pra ver se así o tempo por fin se nos para.



2 comentarios:

  1. BEN,facerche preguntas non é mala cousa, o que pode resultar desconcertante, frustrante e mesmo desilusionante é atopar as respostas demasiado pronto....As veces apurar a vida e preciso, e imprescindible, e necesario, pero doloroso. Mellor deixala porta aberta ao vento do norte e que sexa o que ten que ser.
    Preguntar os porques, està ben pero non atopar respostas demasiado congruente e mellor. A fantasia, a tolemia, os soños, son a sal do noso ser.
    Plasmas nos teus poemas algo de todo o que che digo, e son directos e dulces, pero penso que deixas algo inconcluso, ainda non sei exactamente o que...PEro ei de seguir as tuas pegadas.

    ResponderEliminar
  2. Sei que non debo desexar que as cousas acontezan máis rápido, todo o contrario, intento expresar que teño e quero moitas cousas por facer, pero párome a pensar demasiado no tempo porque teño a sensación de que apura en exceso.
    Debo de darche a razón e agradecerche o comentario, pois o certo é que xa esquecera o gratificante que pode ser deixar de lado por un momento as respostas coherentes para dedicarlle un tempo ás incoherencias, esas que, como dis ti son a sal do noso ser.
    Tentarei de atopar esa inconclusión para arranxala ;)
    Moitas grazas por decatarte! É un pracer saber que me acompañas nesta viaxe.

    ResponderEliminar