Efémera e evanescente euforia,
conquistadora de corduras
que caen aos teus pés
cheas de loucura e tolería:
Quen poidera ter a ventura de caer no teu feitizo
evocando así a fantasía e o delirio
e condenando ao esquecemento aos grises pesares que adormecen a nosa vida.
Fénix dourado que voa libre e derrete con ferocidade
esa gran barreira de xeo que lle impide o paso á demencia e á diversión.
Destrúe con forza toda miña ideal perfección!
Xa nada importa, tan só a paixón de vivir o momento...

2 comentarios:

  1. Gustoume moito o teu blog, pero o que máis me gustou foi atopar estes fermosos poemas en galego.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas =)
    Comentarios como estes (entre outras cousas) anímanme a seguir escribindo. A min tamén me gustou moito o teu blog. Un saúdo!

    ResponderEliminar