Os seus
dedos camuflábanse entre as pingas de chuvia que caían do ceo e esvaraban pola
miña cara. Mireino aos ollos e vin esa frase que tanto medo me daba pronunciar
facía uns anos. A confianza era tan grande que nin nos facían falta as palabras
para nos comunicar. Unha mirada, un sorriso, un parpadeo de ollos… todo
significa algo e, para nós, ese algo era comprensible. Non vos imaxinades o
difícil que é enganar a alguén que che
coñece tanto.
- -Que che pasa?
- -Nada.
- -Como que nada?
- -Estou cansa. Nada máis.
- - Mentira
Si, mentira, e despois da mentira sempre a
verdade. A verdade que doe, que fire,
que mata… que é indefensa cando estou ao seu lado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario