Sumerxeuse no café para agochar no seu interior tódalas mentiras e tódolos enganos dos que fora vítima nas últimas horas. Decidiu engadirlle o dobre de azúcar, xa estaba o día demasiado amargo...
Necesitaba espertar, deixar atrás aquel soño inútil no que levaba vivindo os últimos anos.
Non podía. Non quería. Alguén rompera cunha fina agulla a burbulla na que estaba acostumada a pasar o rato e agora caía. Caía e seguía caendo e prefería seguir caendo con tal de non chegar ao chan.
Unha imaxe achegouse á súa cabeza. Era el. Nerviosa, bebeu rapidamente o café e con el tragou tódalas as palabras que pensaba dicirlle. Estaban espesas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario