Perdoa
se non atopas os sentimentos agochados entre as miñas palabras mediocres.
Desculpa
se a miña dislexia te confunde, se non es quen de ver as tolas das miñas
incoherencias coherentes para min.
Sinto
que penses que calo cando digo que te quero a gritos.
Se
algunha vez te sentiches só, se te perdeches pola miña soidade
infinita, de verdade, mil perdóns.
Tan só pretendía rachar cadeas e romper cos tópicos, sabes que son así, antitópica, utópica…
Sabes que me encanta agocharme entre metáforas mentres me paro a pensar no que puido ser e non é.
Sabes que prefiro mil veces a calor das túas caricias nunha noite de frío que mil anos de vida sen ti.
Tamén sabes que te quero, que te quixen, que te quería e que te quererei.
Eu tamén sei que ti me queres, polo que a fin de contas… non nos entendemos tan mal, non cres?